Un abonado axeitado na primavera incrementa a produción de herba e a obtención dunha forraxe de mellor calidade. Coluga conta coa liña de abonos GROLEN especiais para pradeira, con tres solucións adaptadas a distintos solos e tipos de pradeira, para que os nosos clientes poidan aplicar unha fertilización eficaz e adaptada ás súas necesidades.
As cada vez maiores limitacións e condicionantes legais para o abonado obrigan a unha utilización máis axeitada dos distintos produtos. Os nosos técnicos e especialistas están á vosa disposición para axudarvos na escolla da mellor solución e asesorarvos no xeito de optimizar os resultados.
GROLEN 22
Mellora o vigor e o rendemento da pradeira
É o nitróxeno nítrico e amoniacal do mercado máis asimilable e que menos se perde.
Contén nitróxeno en forma nítrica e amoniacal, con 5 unidades de magnesio a maiores procedentes de sulfato de magnesio.
As gramíneas, por cada 4 unidades de nitróxeno que absorben, precisan absorber 1 unidade de magnesio e Grolen 22 é o único fertilizante do mercado con ese equilibrio 4-1 entre nitróxeno e magnesio.
GROLEN 33
Queres máis produción en materia seca e proteína?
Grolen 33 é un abono nitroxenado complexo, con nitróxeno en forma ureica e amoniacal.
Este nitróxeno é o único do mercado que vai protexido a través dun proceso industrial de estabilización por sulfatación. É un nitróxeno de última xeración que cumpre coa nova lexislación de nutrición sostible de solos agrícolas.
Ten ademais un alto contido en azufre para conseguir o máximo rendemento de proteína.
ABONO NPK 22/6/6
Menor número de aplicación e menor dependencia da climatoloxía
Dispoñemos dun abono composto que contén nitróxeno de alta asimilación con fósforo e potasio para unha fertilización completa de pradeiras.
En COLUGA contamos con laboratorio propio de análise de solos e lembrámosvos a importancia de facer estas analíticas antes de abonar, para coñecer deste xeito as necesidades exactas dos vosos chans e así axustar mellor o Plan de Abonado tanto no tipo de fertilizante a aplicar como nas doses a empregar, logrando así un cultivo moito máis eficiente e rendible.